Receita para celebrar o Magosto

Para celebrar o Magosto necesitamos:

INGREDIENTES:

  • Un portacastañas
  • Unha presa de castañas
  • Os nosos castañeiros profesionais
  • Un pouco de lume
  • Un feixe de leña
  • Moitas ganas de pasalo ben.

ELABORACIÓN:

  • Isto é un segredo dos nosos castañeiros… Shhhh!

A DESFRUTAR!

O noso Samaín

Ós poucos imos voltando á normalidade e adornamos corredores e portas sempre coa máxima precaución para celebrar o Samaín.

O Samaín é unha festa celta que conmemora o cambio de estación (fin do verán e paso ao inverno), celebrando con el tanto o final da colleita como o derradeiro día do ano segundo o calendario celta.