Rosalía de Castro xa é unha estrela

Despois dunha votación virtual organizada pola Sociedade Española de Astronomía e o Planetario de Pamplona, a nosa escritora máis recoñecida contará cun astro que levará o seu nome.

Esta estrela está a 240 anos luz e acompáñao o planeta Río Sar, afluente do río Ulla. En concreto son a estrela HD149143 e o planeta HD149143b sitos na constelación de Ofiuco (o encantador de serpes).

“Rosalía de Castro” é unha estrela anana amarela, semellante ao Sol e visible con binóculos en ceos escuros.

A nosa celebración das Letras Galegas: ano de Antonio Fraguas Fraguas

Vídeo

Durante a semana do 13 ao 16 de maio estivemos realizando diversas actividades co gallo da Semana das Letras Galegas. Como peche fixemos este acto conxunto de todo o alumnado e profesorado cantando o Himno Galego.

ORGULLOSOS DO NOSO,
ORGULLOSOS DO GALEGO!

ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS: O ORGULLO DE GALICIA

Como todos os anos do 13 ao 17 de maio adicámosllo á Semana das Letras Galegas. Este ano correspóndelle a ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS.

Foi membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos (SEG) na mocidade, historiador, etnógrafo, director e presidente do Museo do Pobo Galego, profesor, narrador oral excepcional e intelectual.

Adicou a súa vida ao estudo da cultura e dos territorios galegos, defendendo o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.